Verde e azul, café e vainilla. Cando no verán de 2011 aterrei por primeira vez no aeroporto de Arlanda, en Estocolmo, recibiume un país de postal, ordenado, pulcro, moderno, vivo, puntualísimo. Recibiume Gamla Stan, coas súas cores festivas, o azul dos lagos, Skansen, cos seus alces e cos seus renos, Oland e o Báltico, cos seus peixes planos, a carne de corzo, a néboa das noitiñas coas súas figuras de fadas danzando, os bosques de amorodos e arandos, os cafés, as candeas, os atardeceres entre li-bros. Suecia foi, para min, a Galicia soñada e encontrada, a Galicia que os deuses nórdicos coidaron e a que os deuses galegos deixaron medrar soa, desordenada, martirizada. Azul e verde, verde e azul, as cores que definen o mar, os lagos, os bosques suecos e o me ...